Mostrando entradas con la etiqueta Canciones Infantiles. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Canciones Infantiles. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de febrero de 2013

POEMA CANTIGA DO ENTROIDO 7



O PAIASO
 
Debaixo un chapeu roto
do cal colgaba unha flor
aparece a cara riseira
dun paiaso soñador.

O seu pelo é laranxa,
o seu nariz colorado
e unha gran gravata
de cadros levaba.

¡Que zapatos máis grandes!
Que pantalóns máis anchos!
¡Que buracos nos calcetíns!
¡Que gracioso este paiaso!

B. SANZ


 

CANTIGA- POEMA DO ENTROIDO 4



ALEGRÍA DE ENTROIDO
ALEGRÍA, ALEGRÍA
CHEGOU O ENTROIDO
SACA AS CARETAS
DISFRAZATE PRONTO
 
ALEGRÍA ALEGRÍA
ESTAMOS NO ENTROIDO
TOCA AS MARACAS
MOVE OS XEONLLOS

BAILA CON GRAZA
E CANTA UN POUCO
GOZA DA VIDA
ISTO É O ENTROIDO

 

CANTIGA - POEMA ENTROIDO 3



O máxico entroido
Benvidos amigos: Pasen
ao máxico carnaval
aquí báilase e cántase
é unha festa pata todos.
Disfrázate de pirata
de bruxa, de sol ou de rata
podedes pasar, podedes vir
aquí todos ides sorrir.

 

CANTIGA- POEMA DE ENTROIDO 2

VERSIÓN TRADUCIDA DUN POEMA DE SAGRARIO PINTO


Febreiro carnavaleiro,

Febreiro carnavaleiro,
Febreiro de chuvia e sol.


Pola rúa o paraugueiro
vai cantando a súa canción.


Os nenos danzan en roda


ou xogan co balón.
Pasan os días, os nenos
queren saír de excursión.



Chove, non chove, si chove...
 


Se chove, será peor:
quedaremos en clase
aprendendo a lección!

SAGRARIO PINTO